Teresa Piñeiro, Ana Amigo e Renée DePalma, docentes da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, explícannos neste vídeo divulgativo (5´ 53´´) cales son os obxectivos e como se desenvolveu o proxecto de aprendizaxe e servizo “Bibliodiversidade sonora”, unha iniciativa de educación en diversidade afectivo sexual na que participaron activistas, bibliotecarias e docentes de infantil e primaria.
O proxecto recibiu o Premio especial "Mellor experiencia docente 2022" en materia de atención á diversidade, outorgado pola UDC.

