Estás a preparar a ABAU? Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícache neste vídeo didáctico (13´ 08´´) como debes elaborar un comentario de texto filosófico nesta proba de acceso á universidade. Para exemplificalo, el mesmo comenta con detalle un dos textos de Platón incluídos na súa coñecida obra República (Libro VI).
Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.

