Vídeo divulgativo (2´ 28´´) sobre a historia e as funcións do Servizo Social Femenino, unha institución da época franquista creada en 1937 no ámbito da Sección Femenina da Falanxe Española.
A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

