Suficiencia

Incorporación a Proxector: 16/5/2024

Brais Suárez, investigador do Post Growth Innovation Lab (UVigo), explícanos neste vídeo (2´ 50´´) cal é o significado do termo “suficiencia”, un concepto ligado á idea de autolimitación que fai alusión ao obxectivo de que o ser humano poida vivir mellor con menos cousas materiais.

A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).

Brais Suárez Eiroa    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
16/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO