Primeiro capítulo (15´ 33´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, realizada como homenaxe á autora á que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. Nesta primeira entrega poderás achegarte aos aspectos máis relevantes da biografía desta poeta, narradora, ensaísta e articulista, desde o seu nacemento na Coruña no ano 1957 ata o seu pasamento na mesma cidade no 2004.
A serie documental é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.

