Nesgos detrás da túa dor crónica non diagnosticada

Incorporación a Proxector: 23/5/2024

A doutora Sheetal DeCaria fálanos nesta charla de TED (12´ 50´´) do que ela denomina “nesgo de non diagnóstico”, é dicir, todas esas crenzas e asociación inconscientes que inflúen nos profesionais da medicina e condicionan as súas decisións á hora de tratar a dor crónica dos seus pacientes.

A tradución ao galego é de Cristina Blanco e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Sheetal DeCaria    AUTORÍA
23/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO