De media, unha persoa adulta arrefríase unhas 150 veces na súa vida e a causa da infección pode ser diferente en cada ocasión, pois os arrefriados comúns están causados por ao menos 8 familias de virus, cada unha coas súas propias especies e subtipos. Neste vídeo de TED (5´ 17´´) explícannos como reacciona o noso sistema inmune ante estas infeccións e por que está a resultar tan complicado atopar un tratamento eficaz para unha doenza de causas tan diversas.
A tradución ao galego é de Bea Lista e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

