Que son esas cousas flotantes no teu ollo?

Incorporación a Proxector: 5/6/2024

É probable que nalgunha ocasión, mentres mirabas unha superficie brillante e uniforme, notases algo raro flotando no teu campo de visión similar a un verme diminuto ou a unha mancha transparente. Neste vídeo de TED (4´ 04´´) Michael Mauser explícanos en que consiste o fenómeno visual coñecido como “moscas voantes”.

A tradución ao galego é de Álvaro Torres e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Michael Mauser    AUTORÍA
5/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO