Sistema de desinfección empregando dispersión de líquidos e drons

Incorporación a Proxector: 5/6/2024

Higinio González, docente e investigador na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 22´´) como se aplican as novas tecnoloxías dos sistemas aéreos non tripulados á limpeza de grandes superficies, grazas á súa capacidade para a dispersión de líquidos.

A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", na que a Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo nos presenta diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.

Higinio González Jorge    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
5/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO