Galicia. Un marco xurídico propio

Incorporación a Proxector: 5/6/2024

Galicia conta con dereito civil propio e determinadas figuras xurídicas características do noso marco xurídico, nalgúns casos exclusivas, serviron ao longo dos anos para resolver conflitos e ordenar o territorio. Neste documental (31´ 14´´), elaborado pola Universidade de Vigo e mais a Xunta de Galicia, explícanse as especificidades das seguintes figuras xurídicas: os muíños de herdeiros e o retracto de comuneiros; a herdanza en vida, o pacto de mellora e o pacto de apartación; as servidumes de paso e as serventías; e os montes veciñais en man común.

O documental está producido por Celtavision e dirixido por María José Bravo Boch, catedrática de Dereito Romano na Universidade de Vigo, coautora tamén do guión, xunto con Alfonso Castaño.

María Xosé Bravo Bosch    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Universidade de Vigo CREACIóN
5/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO