O testamento de Mayor de Cubas

Incorporación a Proxector: 12/6/2024

Mayor de Cubas, veciña de Pontevedra, outorgou o seu testamento ante notario o 3 de setembro de 1488. Este documento, escrito en galego, foi posteriormente reciclado e empregado como cuberta dun volume que contén varios protocolos notariais do século XVI. Neste vídeo divulgativo (1´ 52´´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra fálanos do achado do testamento de Mayor de Cubas e preséntanos as súas principais características, tanto formais como de contido.

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra CREACIóN
12/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO