O investigador Brais Suárez explícanos neste vídeo didáctico (2´ 20´´) o significado de “modernización da pobreza”, un concepto que fai referencia ás novas formas de pobreza que xorden do progreso e do desenvolvemento tecnolóxico.
A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).