O preservativo feminino

Incorporación a Proxector: 19/6/2024

Neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) Maria Lameiras Fernández, María Rodríguez Ramos e Yolanda Rodríguez Castro cóntannos a historia do preservativo feminino, creado en 1993 como un método de dobre protección preventiva e anticonceptiva, e expoñen as súas vantaxes para a saúde sexual.

Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".

María Lameiras Fernández    Yolanda Rodríguez Castro    María Rodríguez Ramos    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
19/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO