Tiveches algunha vez a sensación de ter vivido antes esa mesma situación que realmente estabas a experimentar por primeira vez? Ese fenómeno denomínase “déjà vu” e ao longo do tempo máis de 40 teorías científicas tentaron dar resposta ás súas posibles causas. Neste vídeo de TED (3´ 54´´) Michael Molina cóntanos cales son a día de hoxe as tres principais teorías que, baseándose en investigacións recentes en psicoloxía cognitiva e neuroimaxe, tratan de explicar que acontece no noso cerebro para que aconteza o “déjà vu”.
A tradución ao galego é de Xulia Sánchez Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

