Na súa tese Sara Albán editou o prólogo do poema medieval “Prick of Conscience”, escrito en inglés e recollido en cinco manuscritos. Neste vídeo divulgativo (1´ 48´´) fálanos da metodoloxía de traballo empregada para editar textos en inglés medieval.
Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".

