Javier Rico, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, explícanos neste vídeo (3´ 03´´) en que consistiu a iniciativa “Nós xogamos na casa”, un proxecto de aprendizaxe experiencial a través do movemento desenvolvido co alumnado das materias “Motricidade Infantil” e “Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal” do Grao en Mestra/e en Educación Infantil, en colaboración coa Asociación ArcosTilos (Teo) e o Centro Sociocultural de Laraño (Santiago de Compostela).
Material complementario:
-Banco de recursos en liña.