O investigador Breogán Riobóo fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 43´´) da vida independente, unha filosofía xurdida nos anos 60 do século pasado vinculada estreitamente co modelo social de discapacidade.
Esta peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.