A hidrosfera

Incorporación a Proxector: 24/7/2024

A hidrosfera é o conxunto das partes líquidas do planeta Terra. Neste vídeo didáctico (19´ 57´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos de diferentes cuestións relacionadas coa hidrosfera: a distribución da auga no noso planeta, o ciclo da auga, os océanos, os mares, os ríos, os lagos e lagoas, os mares interiores, os glaciares, as augas subterráneas e os modelos de xestión da auga (encoros, transvasamentos…).

A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.

Blanca Castro Gerpe    AUTORÍA
IES Lucus Augusti CREACIóN
24/7/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO