Os segredos dos túneles subterráneos de Betanzos

Incorporación a Proxector: 24/7/2024

O termo "azougue" é a forma popular galega para referirse ao mercurio e tamén forma parte do nome dunha igrexa de Betanzos, a igrexa de Santa María do Azougue. O historiador Ángel Arcay cóntanos neste vídeo divulgativo (2´ 02´´) como unha mala interpretación do significado do topónimo provocou que na época medieval se chegasen a escavar varios túneles na cidade de Betanzos na busca do prezado material. Descubrirás tamén cal é o verdadeiro significado do termo “azougue” que forma parte do nome deste templo betanceiro.

A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.

Ángel Arcay Barral    AUTORÍA
Marma CREACIóN
24/7/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO