Nas sociedades modernas actuais as persoas non estamos expostas a moitos estímulos olfactivos, un feito que, xunto con outros factores, contribúe a que o noso sentido do olfacto se vaia deteriorando. Por outra parte, hoxe sabemos que os centros de memoria do noso cerebro precisan dunha grande estimulación olfactiva para manterse sans e favorecer a formación de recordos. Nesta charla de TED (8´ 50´´) o neurocientífico Michael Leon fálanos da estreita relación entre a memoria e o sentido do olfacto, así como dos últimos estudos científicos que demostran que tras unha estimulación olfactiva continuada a nosa memoria mellora considerablemente.
A tradución ao galego é de Uxía Yáñez Ramil e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

