Temática: arquitectura [5]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Materialización do soño indiano de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Materialización do soño indiano de Pedro MuriasA idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica. |
|
A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915Este palacete modernista, considerado como a obra arquitectónica cosmopolita máis destacada de Ribadeo, non falta en ningunha guía turística de Galicia. Foi promovido cara a 1915 polos irmáns Pedro María e Juan Moreno Ulloa, naturais da vila de Ribadeo e emigrantes de éxito na Arxentina. Dedicábanse á explotación do campo en terras da Pampa e coméntase que fundaron un poboado con moeda propia, utilizado fundamentalmente como residencia dos traballadores contratados por eles.
|
|
| 1927-01-01 | Noticia da inauguración do Teatro García Barbón na revista Eco de Galicia da Habana, xaneiro de 1927 |
Ver
Transcripción da Noticia da inauguración do Teatro García Barbón na revista Eco de Galicia da Habana, xaneiro de 1927 en 01/01/1927A inauguración do edificio tivo unha ampla difusión na prensa galega e española pero tamén no seo da colectividade galega en Cuba. O Eco de Galicia habaneiro publicou nas súas páxinas unha ampla reportaxe sobre o monumental edificio, dando todo tipo de detalles arquitectónicos e funcionais. Era un modo de eloxiar a figura do indiano e filántropo José García Barbón y Sola e tamén de prestixiar a colectividade galega ante a sociedade cubana. |
| 2008-00-00 | O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 |
Ver
Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
|
| 2020-00-00 | Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 |
Ver
Transcripción da Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 en 00/00/2020Esta fermosa casa foi construída a finais dos anos 20 do pasado século sobre a antiga casa familiar dos Ramos Bugallo, situada nunha das principais rúas de Ares. Foi herdada polas irmás Josefa e Sara, casadas cos emigrantes aresáns en Cuba Arturo Fuentes Rodríguez e Emilio Fernández López, que ao regresar decidiron instalarse na súa vila natal. En realidade estamos a falar de dúas vivendas separadas por unha medianeira e cuxas fachadas teñen un esquema compositivo moi similar que lles aporta unidade. Destacan as grandes galerías de estilo modernista con vidros de cores e molduras decorativas, obra do recoñecido carpinteiro aresán Ángel García. Tamén hai que salientar as cornixas e os ornamentos de forxa de clara inspiración modernista.
|


