Temática: teatro

Temática: teatro [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)
Ver

Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)

María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.


1927-01-01
Noticia da inauguración do Teatro García Barbón na revista Eco de Galicia da Habana, xaneiro de 1927
Ver

Transcripción da Noticia da inauguración do Teatro García Barbón na revista Eco de Galicia da Habana, xaneiro de 1927 en 01/01/1927

A inauguración do edificio tivo unha ampla difusión na prensa galega e española pero tamén no seo da colectividade galega en Cuba. O Eco de Galicia habaneiro publicou nas súas páxinas unha ampla reportaxe sobre o monumental edificio, dando todo tipo de detalles arquitectónicos e funcionais. Era un modo de eloxiar a figura do indiano e filántropo José García Barbón y Sola e tamén de prestixiar a colectividade galega ante a sociedade cubana.


1956-00-00
Cuberta do libro de Ramón Cabanillas e Antonio de Lorenzo Macías o Namorado: Poema escénico-prosa e verso-a xeito de guieiro musical, sobor dunha cantata de Otero Pedrayo, musicado por Isidro Maiztegui. Vigo: Galaxia, 1956
1957-08-10
Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957)
Ver

Transcripción da Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) en 10/08/1957

A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
Na fotografía aparece María Casares falándolles aos asistentes nun acto celebrado no restaurante Lar Gallego do Centro Lucense. De esquerda a dereita: Mariví Villaverde, Antonio Baltar, Rafael Dieste, María Casares, Eduardo Blanco-Amor, o Dr. Blanco e a súa esposa.


2000-07-25
Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000
Ver

Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000

Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaMaside, CarlosDieste, RafaelVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínLaxeiro, Castelao, Maiztegui, Isidro B.Otero Pedrayo, RamónBlanco Amor, EduardoCañas, PilarArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoPiñeiro, RamónCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelFole, ÁnxelNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánCanabal, XesúsDíaz, AvelinoCabanillas, RamónOtero Espasandín, XoséLópez García-Picos, CarlosDíaz Dorado, DiegoDíaz Arias de Castro, CamiloFerreiro, Celso EmilioNeira Vilas, XoséVilanova Rodríguez, AlbertoCurros Enríquez, ManuelPita, EmilioÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaEiroa, José GabrielBaltar Domínguez, AntonioCao, José MaríaCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoGómez Cobas, CasimiroFernández, ValentínCruces, FortunatoPereira Caamaño, FernandoÁlvarez Blázquez, EmilioVillamarín Prieto, José Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesHistorias de ida e voltaÁlbum da EmigraciónÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisÁlbum de Galiciaautores/asFondos de Radio Nacional de España en Galiciamúsicaasociaciónsprensa escritamedios de comunicaciónasuntos particularesentrevistaColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneMullerespolíticasocioloxíaespazos artísticosacción socioculturalA nova SargadeloshistoriaMulleres no Álbum de GaliciaradioremesaseducaciónFábrica de Porcelanas La MagdalenaexilioensinopoesíaMulleres galegas na emigraciónAs iniciativas educativas da emigración galegaA cultura galega alén marNovas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XXO exilio galegoNo centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaVoceiros da colectividade galega na emigracionOutros destinos da emigración galega150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos A pegada educativa da emigración galega en AméricapremiosFardel d’eisiladonovela

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0