A lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo, tanto no plano social coma no individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente que evolúe segundo unha lóxica interna. Endebén, dun tempo a esta parte as situacións de contacto lingüístico e os fenómenos concomitantes están a ser abordados con outra mirada, como casos merecentes dun estudo específico.

As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica.

Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.
Título Contacto de linguas, hibrididade, cambio
Contextos, procesos e consecuencias
Edición Eva Gugenberger
Henrique Monteagudo
Gabriel Rei-Doval
Autoría María Álvarez de la Granja
Xosé Afonso Álvarez Pérez
Francisco Dubert
Eva Gugenberger
Ana Iglesias Álvarez
Belén López Meirama
Dante Lucchesi
Marta Negro Romero
Fernando Ramallo Fernández
Gabriel Rei-Doval
Bieito Silva Valdivia
Fernando Venâncio
Limiar Eva Gugenberger
Henrique Monteagudo
Gabriel Rei-Doval
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 326 p. ; 24 cm.
ISBN 978-84-92923-52-6
Depósito Legal C 1872-2013
CCG. Signatura CCG 2013 437
DOI 10.17075/clhc.2013
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & Investigacion
Materias
Áreas
Código QR
qr code