O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
O estudo é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudo no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análises non só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual senón, ademais, das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de comunicación– e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos... Pretendíase non só coñecer a lingua actual dos medios de comunicación, senón tamén as causas e consecuencias de que outra realidade posible non exista.

| Título | lingua das novas, A |
| Coordinación |
Miguel Túñez López Xosé López García |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 1 disco CD-ROM : il. ; 12 cm. |
| ISBN | 978-84-96530-83-6 |
| Depósito Legal | C 36-2009 |
| CCG. Signatura | CCG 2009 370 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | documentos & informes; Núm:11 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)