Este informe é o resultado dunha investigación de campo realizada durante os anos 2005-2007 a partir dun convenio de colaboración entre o CCG e o Instituto de Ciencias da Educación da USC. O enfoque social foi o dominante no traballo que o Consello realizou orientado ao eido educativo, que se ocupou especialmente das dimensións de planificación, dinamización e normalización.
A preocupación que nos moveu a emprender o traballo que presentamos, e que coidamos que é amplamente compartillada, ten orixe na constatación de que os resultados obtidos a partir da introdución do estudo da lingua galega, e mesmo do galego como lingua vehicular, no currículo educativo son notablemente inferiores aos esperados e razoablemente esperables, cando menos no que atinxe ao incremento do uso do galego por parte dos e das estudantes. Obviamente, estes cativos resultados deben ser explicados pola confluencia de diversos condicionantes que se abordan neste informe.
O traballo que presentamos atende á orientación pedagóxico-didáctica, unha perspectiva insuficientemente atendida nos estudos relacionados coa lingua galega e que parece urxente abordar con achegas científicas e con debates profesionais.

| Título | Situación do ensino da lingua e da literatura galega na E.S.O. |
| Dirección |
Bieito Silva Valdivia |
| Autoría |
Pilar Buela Piedra Xaquín Loredo Gutiérrez M. Carmen Morán |
| Limiar |
José Cajide Val Henrique Monteagudo |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 332 p. : gráf. ; 28 cm. |
| ISBN | 978-84-96530-62-1 |
| Depósito Legal | C 2406-2008 |
| CCG. Signatura | CCG 2008 354 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | documentos & informes; Núm:7 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)