Grao en Xestión Cultural na USC

Incorporación a Proxector: 10/9/2024

Miguel González Pereira preséntanos neste vídeo divulgativo (12´ 54´´) o Grao en Xestión Cultural, que pode estudarse na Facultade de Humanidades da USC, no campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha xestor/a cultural, que saídas profesionais ten o grao, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos.

Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

Miguel González Pereira    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
10/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO