Vilariño de Conso é un concello ourensán de montaña con algo máis de 200 km² de superficie. Neste vídeo divulgativo (13´ 27´´) o filólogo Vicente Feijoo fálanos da orixe e o significado deste topónimo que conta cun primeiro elemento moi transparente (Vilariño), pero que contén un segundo (Conso) que xera debate entre os especialistas.
A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.

