As revoltas Irmandiñas: o sepulcro de Afonso de Carvallido e Clara Sanches

Incorporación a Proxector: 26/9/2024

Nos anos 80 do século pasado tivo lugar en Betanzos o achado dos sepulcros de Afonso de Carvallido e de Clara Sanches. Con este punto de partida, a historiadora Sara Fraga explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 12´´) quen eran estes personaxes históricos e que relación tiveron coa Revolta Irmandiña.

A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.

Sara Fraga    AUTORÍA
Marma CREACIóN
26/9/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO