Vídeo divulgativo (52´´) no que a Deputación da Coruña nos convida a reflexionar sobre un fenómeno que está a poñer en risco a propia supervivencia do planeta: o cambio climático. Nestas circunstancias, a “alfabetización climática” é, segundo a ONU, unha das ferramentas principais para combater o desafío.
Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.