Aaron Bennett Kleinschmidt - Un estadounidense aprendendo galego

Incorporación a Proxector: 4/10/2024

Aaron Bennett Kleinschmidt é un rapaz estadounidense que está actualmente traballando nun IES de Ourense e que aproveita a súa estadía en Galicia para coñecer a nosa cultura e aprender o noso idioma. Neste vídeo divulgativo (2´50´´) Iker Fernández Villar amósanos a súa inspiradora historia co obxectivo de que a mocidade sexa consciente da riqueza que supón posuír un gran patrimonio cultural preservado a través da lingua.

Este traballo recibiu o primeiro premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “A utilidade do galego”), organizado pola USC en 2024.

Iker Fernández Villar    AUTORÍA
4/10/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO