Illamento social

Incorporación a Proxector: 26/6/2024

Neste vídeo (2´ 50´´) a investigadora Iria Vázquez, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela), explícanos o significado e as consecuencias do “illamento social”, un concepto relacionado coa desigualdade que fai referencia á carencia de apoios e redes sociais que pode experimentar un individuo.

Esta peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.

Iria Vázquez Silva    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
26/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO