Primeira entrega (53´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos fala dunha das cuestións fonéticas máis complicadas para as persoas que comezan a aprender galego: a distinción entre vogais abertas e pechadas. Neste primeiro capítulo descubrirás como se pronuncian en galego as palabras rematadas en -eno, -ena, -eño e -eña.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.

