Monelos

Incorporación a Proxector: 9/10/2024

O río Monelos é o curso fluvial máis importante do concello da Coruña e foi o límite dos concellos da Coruña e de Oza ata 1912, data no que o segundo foi absorbido polo primeiro. Neste vídeo didáctico (5´ 14´´) Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos as principais hipóteses sobre a orixe e o significado do topónimo Monelos.

A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.

Iván Méndez López    AUTORÍA
Real Academia Galega CREACIóN
9/10/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO