Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas. Capítulo 5

Incorporación a Proxector: 11/11/2024

Quinto capítulo (1´ 52´´) da serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Nesta entrega aprenderás como se pronuncian correctamente as palabras graves rematadas en -ia, -io ou -ie.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.

Televisión de Galicia CREACIóN
11/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO