Os espíritos de Neda

Incorporación a Proxector: 11/11/2024

Segunda entrega (7´ 50´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, coa que o Arquivo do Reino de Galicia quere dar a coñecer e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe esta institución, así coma as historias e segredos que agochan algúns dos documentos.

Nesta ocasión coñeceremos os documentos que dan testemuño da presunta aparición dun defunto en Neda a comezos do século XIX, e de como as autoridades tiveron que pescudar se se trataba da aparición real dun espírito ou dun engano.

Arquivo do Reino de Galicia CREACIóN
11/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO