A viabilidade de novos ingredientes para pensos de rodaballo

Incorporación a Proxector: 11/11/2024

Un dos retos da acuicultura é mellorar a sustentabilidade en relación aos pensos. Neste vídeo divulgativo (1´ 12´´) Sara Comesaña, investigadora do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, preséntanos o seu estudo sobre a viabilidade de novos ingredientes para pensos de rodaballo.

Esta presentación foi a gañadora da categoría postdoutoral na II edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2023 pola Universidade de Vigo.

Sara Comesaña Fernández    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
11/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO