O triente de Gundemaro

Incorporación a Proxector: 14/7/2023

Vídeo divulgativo (39´´) no que Pablo Núñez Meneses nos amosa o triente de Gundemaro, como exemplo característico das cuñaxes visigodas na Gallaecia, realizadas en lugares estratéxicos como as zonas de extracción mineira.

A peza forma parte da exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.

Pablo Núñez Meneses    AUTORÍA
Deputación de Lugo CREACIóN Museo Provincial de Lugo CREACIóN
14/7/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO