Proporción áurea: mito ou realidade

Incorporación a Proxector: 3/3/2025

Neste vídeo didáctico (8´ 16´´) Elena Vázquez Abal, catedrática da USC na área de Xeometría e Topoloxía, convídanos a reflexionar sobre canto pode haber de mito arredor da proporción áurea e o seu uso na arte, tratando de responder unha pregunta previa de David Miranda.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.

Elena Vázquez Abal    AUTORÍA
Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) CREACIóN
3/3/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO