Células de convección atmosférica

Incorporación a Proxector: 28/3/2025

A radiación solar non incide de igual xeito sobre as diferentes zonas do planeta, o que ocasiona que unhas zonas da Terra se quenten máis ca outras e á súa vez provoquen un quecemento desigual da atmosfera. Neste vídeo didáctico (2´ 49´´) explícannos como estas diferenzas de temperatura, xunto coa rotación da Terra, son o motor que move as masas de aire atmosféricas, contribuíndo á redistribución do calor no planeta.Tamén descubrirás cales son as tres principais células da circulación atmosférica que hai en cada hemisferio terrestre.

A peza, elaborada polos profesores de secundaria Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez, está dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

Jorge Gutiérrez    Xacobo de Toro    AUTORÍA
28/3/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO