Titorial (2´ 40´´) no que o grupo Xacarandaina nos dá as instrucións básicas para comezar a tocar a pandeireta. Concretamente, ensínannos como debe collerse o instrumento, como traballar ben a articulación e como tocar coa pandeireta unha muiñeira.
A creación deste recurso foi promovida por Feiraco, no marco das actividades de conmemoración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral.

