Quinto capítulo (21´ 36´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, centrado no compromiso cívico que guiou tanto a traxectoria vital como a produción literaria da protagonista do Día das Letras Galegas 2024.
A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.

