As barcas de Belesar

Incorporación a Proxector: 12/5/2025

Neste vídeo divulgativo (7´ 31´´), a partir dun documento dun preito do século XIX sobre o uso dunhas barcas no río Miño, podemos coñecer como os habitantes da Ribeira Sacra souberon quitarlle beneficio ao río e aproveitar as dificultades do relevo do territorio para o cultivo do viño.

A peza forma parte da serie en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.

Arquivo do Reino de Galicia CREACIóN
12/5/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO