O estilo libre ao SonDaRúa

Incorporación a Proxector: 25/1/2024

A regueifa comparte con outras disciplinas artísticas a característica da improvisación oral. Neste vídeo (55´ 41´´) os integrantes do grupo SonDaRúa fálannos da cultura hip hop e fannos unha demostración práctica sobre a improvisación oral no rap.

A peza está dirixida a alumnado de ensino medio e forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate (edición do ano 2021), promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.

Concello de Pontevedra CREACIóN Concello de Santiago de Compostela CREACIóN Concello de Ames CREACIóN Concello de Teo CREACIóN Concello de Rianxo CREACIóN
25/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO