Práctica de laboratorio (2´ 18´´) na que os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar che ensinan a comprobar como a presión e a forma inflúen no comportamento dos líquidos, para poder entender a capilaridade da auga e como se moven os líquidos en espazos estreitos.
Anímaste a descubrilo? Só precisas auga destilada, dous portaobxectos de microscopio, un clip, unha goma de 60 mm, colorante alimentario, un vaso de iogur e unha tapa de plástico.

