O concello coruñés de Vedra tomou o seu nome do adxectivo arcaico vedro, -a (procedente do adxectivo latino VETERUM), que deixou de empregarse na nosa lingua na Idade Media. Neste vídeo didáctico (4´ 54´´) a académica correspondente Luz Méndez fálanos da orixe e motivación do topónimo Vedra.
A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.

