O ciclo da auga

Incorporación a Proxector: 4/2/2026

A auga da hidrosfera está en constante movemento, interactuando coas outras capas da terra (biosfera, xeosfera e atmosfera). Os seus continuos cambios de estado e de lugar prodúcense grazas á enerxía solar e á forza da gravidade. Neste vídeo didáctico (3´ 26´´) os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar explícanche cal é o ciclo da auga e en que consisten os diferentes procesos que o compoñen: evaporación, condensación, precipitación, infiltración, percolación e escorrentía.

Rocío Romar Roel    Xacobo de Toro    AUTORÍA
4/2/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO