Trataremos a artrose e a endometriose con células nai

Incorporación a Proxector: 4/2/2026

María Arufe, investigadora do Grupo de Investigación en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da UDC, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 16´´) unha infografía sobre o uso terapéutico das células nai para tratar enfermidades que presentan un compoñente inflamatorio (como a artrose e a endometriose), que adoitan estar asociadas ao proceso de envellecemento e á calidade de vida.

Esta infografía elaborouse no marco da iniciativa "Digulgando o noso", promovida pola Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para difundir entre o público xeral o traballo de investigación que se está a desenvolver na UDC.

María Arufe Gonda    AUTORÍA
Universidade da Coruña CREACIóN
4/2/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO