O sistema nervioso periférico está composto por todos os nervios e ganglios nerviosos que conectan o sistema nervioso central (cerebro e medula espiñal) co resto do corpo. Neste vídeo didáctico (7´ 35´´) a profesora Cristina Viqueira fálanos dos diferentes tipos de nervios que o compoñen e das súas funcións.
Este recurso está dirixido a alumnado de ensino secundario.

