Sergio Roiloa, director da Cátedra Emalcsa-UDC, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 41´´) unha infografía sobre as diferentes líñas de traballo que se están a desenvolver nesta cátedra, dirixidas a estudar métodos de xestión sostibles e eficientes do sistema de auga urbana da comarca da Coruña.
A infografía elaborouse no marco da iniciativa "Digulgando o noso", promovida pola Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para difundir entre o público xeral o traballo de investigación que se está a desenvolver na UDC.

