Probablemente escoitaras nalgunha ocasión que para deter un sangrado nasal debes inclinar a cabeza cara atrás, pero esta práctica, ademais de carecer de base científica pode resultar perigosa. Neste vídeo divulgativo (3´ 46´´) Ainara Díaz Geada, profesora na Facultade de Enfermería da USC, explícanos como debemos actuar para deter o sangrado nasal de forma rápida e segura.
A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

